Mostrar mensagens com a etiqueta lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta lectura. Mostrar todas as mensagens

26/05/09

A lectura dixital tamén é fragmentada


Parece ser que o libro, como soporte dos textos escritos, está sufrindo unha evolución: a súa nova forma é electrónica e chámase e-book. Pero esta evolución vai acompañada dun cambio radical do propio texto, que pasa a ter formato dixital. Hai quen di que isto supón unha revolución máis grande que a invención da imprenta, pero que ten os seus riscos: a lectura fronte á pantalla preséntase como unha lectura atada máis ao fragmento que á totalidade.
Á historia do libro dedica un dossier a revista La aventura de la Historia no seu número 127. Un dos colaboradores é Roger Chartier, estudoso destes novos formatos. E ímonos permitir aquí, para incitar á súa lectura, esta pequena cita:
“¿Como caracterizar la lectura del texto electrónico? (...) En primer lugar,
debe considerarse que la pantalla no es una página, sino un espacio de tres
dimensiones, que tiene profundidad y en el que los textos alcanzan la superficie
iluminada. Por consiguiente, y por primera vez, en el espacio digital es el
texto mismo, y no su soporte, el que está plegado. La lectura del texto
electrónico debe pensarse, entonces, como desplegando el texto o, mejor dicho,
unha textualidad blanda, móvil e infinita.
“Semejante lectura ‘dosifica’ el texto sin atenerse al contenido de una página, y compone ajustes textuales singulares y efímeros. Esta lectura discontinua y segmentada produce una lectura rápida, fragmentada, que busca informaciones y no se detiene en la comprensión de las obras en su totalidad. La incertidumbre del porvenir se remite a la capacidad del texto desencuadernado del mundo digital de superar esta tendencia al derrame que lo caracteriza (...) Se remite también a la capacidad de (...) superar una práctica de lectura frente a la pantalla que no conoce sino fragmentos recortados en una continuidad textual sin límites.”
Cambia tamén o lector ao cambiar o formato do texto e o seu soporte?
_______
Máis información: entrevista con Roger Chartier publicada no diario arxentino Clarín o 12 de abril do 2008.

25/05/09

Lectura e percepción


Un dos descubrimentos da física no pasado século XX foi que a materia é discontínua. E, coa teoría da relatividade, descubriuse que a materia e a enerxía son equivalentes, polo que tamén a enerxía é discontínua.
Sorprendentemente, no terreo da percepción humana, tamén se descubriu a discontinuidade: percibimos a realidade en fragmentos. Con estes fragmentos, o cerebro realiza un traballo de reconstrución e interpretación, de tal maneira que a nosa impresión final sobre o mundo é sentilo como unha globalidade, un todo. Un dos exemplos máis claros desta realidade son os estudios sobre cómic do norteamericano Scott McCloud, quen demostra que unha historia narrada en BD é construída polo cerebro interpretando o que ocorre no espazo en branco que existe entre as viñetas.
Como percibe o cerebro as letras, as sílabas, as palabras... mentres lemos? Esta pregunta ten suscitado intensos debates relacionados co xeito de ensinar a ler: son máis eficaces os métodos silábicos ou os globais? O certo é que as persoas, cando len, non len de forma silábica senón que perciben a globalidade de cada palabra e incluso de varias palabras. Esta é a razón pola cal nalgún texto, como o spot publicitario que presentamos, xógase ao cambio de letras, sen que iso supoña que o lector deixe de entendelo: a primeira impresión é de choque ao notar alterada a forma coñecida da palabra, pero o cerebro en seguida realiza o seu traballo de reconstrución e permite captar o sentido do texto.
_______
Fonte da imaxe: versión impresa do suplemento xornalístico XLSemanal

26/03/09

“¿Que es poesía?, dices...”


“¿Que es poesía?, dices...”
Así comeza o famoso poema de Bécquer.
E como comezariamos a explicar, a buscar unha resposta? Buscariamos nas pontes que cada ser humano trata de tender cara aos demais? Buscariamos na superación da separación que sufrimos inevitablemente como seres individuais? Explicariámola como a máxima expresión do que somos ou podemos ser (ou quixeramos)? Sería o mínimo común múltiplo (m.c.m.) do que nos fai humanos? Sería a comunicación total? O mundo sentido e traducido a palabras? E iso como se expresa? Como aprendemos a expresalo?
Un dos mellores xeitos é ler libremente (libre mente) poesía de distribución gratuíta. Como a que se realizou durante a semana previa á celebración do 14 de febreiro, organizada por membros do Grupo de Traballo sobre Lectura que funciona este curso no noso instituto. Cen copias diarias dun poema de amor que quedaban colocadas nunha mesa decorada, á espera de que alguén, ao pasar, se apropiase dunha copia. E que quedaron, na práctica, diariamente esgotadas.
Inspiracións... para logo escribir as cartas de amor e amizade polo San Valentín.
Como remataba o poema de Bécquer? Ah, si: “Poesía... eres tú”.