23/06/07

Parabéns aos veciños de San Martiño de Marzoa

Rostros felices mírannos desde a capa do libro San Martiño de Marzoa, imaxes para o recordo.
Parecen felicitar desde o pasado a esta parroquia do concello de Oroso polo magnífico traballo colectivo que posibilitaron os seus veciños, ao cederen as máis de trescentas (300!) fotografías que nos deleitan desde as súas páxinas.
Traen á lembranza os versos de Luís Eduardo Aute:

Miro
el instante que ha fijado la fotografía,
ríes
con la timidez de quien le avergüenza la risa,
(...)

Graciñas a Manuel Pazos, ao Obradoiro de Historia e ao Concello de Oroso por facilitar mirarnos a nós mesmos cando xa non somos os que eramos.

Se aínda non viches o libro, podes solicitalo na nosa biblioteca. Ofrecémosche aquí un pequeno adianto:


Create Your Own

Para saber un pouco máis, podes ler tamén o comentario deste libro publicado no xornal Tierras de Santiago.

Sem comentários: