14-06-2009

Na Unión Europea as linguas suman


A mediados do mes de maio, en datas próximas ao día 17, publicamos varias entradas relacionadas coas linguas e coa problemática da súa extinción. O tema segue a estar no foco de atención, e outras bitácoras incorporan tamén información deste tipo que consideramos de sumo interese. Recomendamos visitar: Mesturas e Trafegando Ronseis.

04-06-2009

5 de Xuño: UNidos para combater o cambio climático

"O teu planeta precisa de ti. UNidos para combater o cambio climático" é o lema que escolleu para este 5 DE XUÑO o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Nesta data, sumámonos á difusión da campaña, tamén promovida polo PNUMA, Plantemos para o planeta. Conseguiremos ter plantada unha árbore por cada habitante da Terra?
Observa o que ocorrería:


Non sería marabilloso? Este conto, O home que plantaba árbores, foi escrito por Jean Giono. Podes lelo na nosa biblioteca.
_______
Curta: curtametraxe de animación do canadiano Frèdéric Back en versión francesa subtitulada ao castelán, a partir dun conto de Jean Giono.

01-06-2009

Ano Darwin



O 12 de febreiro de 1809 naceu Charles Robert Darwin. En 1859 publicouse a súa obra principal, A orixe das especies, un libro que revolucionou o panorama intelectual dos últimos séculos.
Este dobre aniversario, 200 anos do seu nacemento e 150 da súa obra fundamental, está sendo celebrado ao longo deste ano, en todo o mundo, como o Ano de Darwin.
Con respecto a este tema, parécenos de enorme interese a páxina de recursos Charles Darwin que pon na rede o CEIP Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras. Facémonos eco dela e recomendamos a súa visita.

Pola nosa parte, engadiríamos tamén a posibilidade de realizar un percorrido rápido pola singladura do Beagle, posta a disposición desde o Natural History Museum de Londres.

Para aqueles que desexen profundizar na lectura da obra de Darwin, hai recursos delicatessen: Diario del viaje de un naturalista alrededor del mundo (Tomo I e Tomo II) na edición de 1920, El origen de las especies, do ano 1877 e El origen del hombre: la selección natural y la sexual, do ano 1880. Todos eles pertencentes aos fondos da Universidad de Sevilla e publicados na rede por Darwin on-line.

Por último, para os que queirades unha visión rápida sobre o darwinismo e a evolución, nada máis simple que este pequeno vídeo emitido no programa Redes:



_______
Ilustración: billete de 10 libras esterlinas coa efixie de Darwin, obtido no Boletín Digital Numismático número 75.

26-05-2009

A lectura dixital tamén é fragmentada


Parece ser que o libro, como soporte dos textos escritos, está sufrindo unha evolución: a súa nova forma é electrónica e chámase e-book. Pero esta evolución vai acompañada dun cambio radical do propio texto, que pasa a ter formato dixital. Hai quen di que isto supón unha revolución máis grande que a invención da imprenta, pero que ten os seus riscos: a lectura fronte á pantalla preséntase como unha lectura atada máis ao fragmento que á totalidade.
Á historia do libro dedica un dossier a revista La aventura de la Historia no seu número 127. Un dos colaboradores é Roger Chartier, estudoso destes novos formatos. E ímonos permitir aquí, para incitar á súa lectura, esta pequena cita:
“¿Como caracterizar la lectura del texto electrónico? (...) En primer lugar,
debe considerarse que la pantalla no es una página, sino un espacio de tres
dimensiones, que tiene profundidad y en el que los textos alcanzan la superficie
iluminada. Por consiguiente, y por primera vez, en el espacio digital es el
texto mismo, y no su soporte, el que está plegado. La lectura del texto
electrónico debe pensarse, entonces, como desplegando el texto o, mejor dicho,
unha textualidad blanda, móvil e infinita.
“Semejante lectura ‘dosifica’ el texto sin atenerse al contenido de una página, y compone ajustes textuales singulares y efímeros. Esta lectura discontinua y segmentada produce una lectura rápida, fragmentada, que busca informaciones y no se detiene en la comprensión de las obras en su totalidad. La incertidumbre del porvenir se remite a la capacidad del texto desencuadernado del mundo digital de superar esta tendencia al derrame que lo caracteriza (...) Se remite también a la capacidad de (...) superar una práctica de lectura frente a la pantalla que no conoce sino fragmentos recortados en una continuidad textual sin límites.”
Cambia tamén o lector ao cambiar o formato do texto e o seu soporte?
_______
Máis información: entrevista con Roger Chartier publicada no diario arxentino Clarín o 12 de abril do 2008.

25-05-2009

Lectura e percepción


Un dos descubrimentos da física no pasado século XX foi que a materia é discontínua. E, coa teoría da relatividade, descubriuse que a materia e a enerxía son equivalentes, polo que tamén a enerxía é discontínua.
Sorprendentemente, no terreo da percepción humana, tamén se descubriu a discontinuidade: percibimos a realidade en fragmentos. Con estes fragmentos, o cerebro realiza un traballo de reconstrución e interpretación, de tal maneira que a nosa impresión final sobre o mundo é sentilo como unha globalidade, un todo. Un dos exemplos máis claros desta realidade son os estudios sobre cómic do norteamericano Scott McCloud, quen demostra que unha historia narrada en BD é construída polo cerebro interpretando o que ocorre no espazo en branco que existe entre as viñetas.
Como percibe o cerebro as letras, as sílabas, as palabras... mentres lemos? Esta pregunta ten suscitado intensos debates relacionados co xeito de ensinar a ler: son máis eficaces os métodos silábicos ou os globais? O certo é que as persoas, cando len, non len de forma silábica senón que perciben a globalidade de cada palabra e incluso de varias palabras. Esta é a razón pola cal nalgún texto, como o spot publicitario que presentamos, xógase ao cambio de letras, sen que iso supoña que o lector deixe de entendelo: a primeira impresión é de choque ao notar alterada a forma coñecida da palabra, pero o cerebro en seguida realiza o seu traballo de reconstrución e permite captar o sentido do texto.
_______
Fonte da imaxe: versión impresa do suplemento xornalístico XLSemanal

19-05-2009

E se Deus fose muller?



Que mellor homenaxe podemos ofrecerlle a un poeta que escoitalo recitando os seus propios versos?

Escoitemos a Mario Benedetti:


Descargar mp3
_______
Fonte da imaxe: Alasamar en Oriente

17-05-2009

Que futuro para o galego?

A teoría matemática do caos afirma que é imposible predicir o que sucederá. Porque variacións moi pequenas sufridas polos feitos que ocorren no presente poden dar lugar a futuros moi distintos. Que posibles futuros, pois, para o galego?
A curtametraxe Galicia 2098 explora este terreno e aventura un deles:



Ciencia-Fición?
_______
Fonte: Flocos.tv