04/06/09

5 de Xuño: UNidos para combater o cambio climático

"O teu planeta precisa de ti. UNidos para combater o cambio climático" é o lema que escolleu para este 5 DE XUÑO o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Nesta data, sumámonos á difusión da campaña, tamén promovida polo PNUMA, Plantemos para o planeta. Conseguiremos ter plantada unha árbore por cada habitante da Terra?
Observa o que ocorrería:


Non sería marabilloso? Este conto, O home que plantaba árbores, foi escrito por Jean Giono. Podes lelo na nosa biblioteca.
_______
Curta: curtametraxe de animación do canadiano Frèdéric Back en versión francesa subtitulada ao castelán, a partir dun conto de Jean Giono.

Sem comentários: