01/06/09

Ano Darwin



O 12 de febreiro de 1809 naceu Charles Robert Darwin. En 1859 publicouse a súa obra principal, A orixe das especies, un libro que revolucionou o panorama intelectual dos últimos séculos.
Este dobre aniversario, 200 anos do seu nacemento e 150 da súa obra fundamental, está sendo celebrado ao longo deste ano, en todo o mundo, como o Ano de Darwin.
Con respecto a este tema, parécenos de enorme interese a páxina de recursos Charles Darwin que pon na rede o CEIP Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras. Facémonos eco dela e recomendamos a súa visita.

Pola nosa parte, engadiríamos tamén a posibilidade de realizar un percorrido rápido pola singladura do Beagle, posta a disposición desde o Natural History Museum de Londres.

Para aqueles que desexen profundizar na lectura da obra de Darwin, hai recursos delicatessen: Diario del viaje de un naturalista alrededor del mundo (Tomo I e Tomo II) na edición de 1920, El origen de las especies, do ano 1877 e El origen del hombre: la selección natural y la sexual, do ano 1880. Todos eles pertencentes aos fondos da Universidad de Sevilla e publicados na rede por Darwin on-line.

Por último, para os que queirades unha visión rápida sobre o darwinismo e a evolución, nada máis simple que este pequeno vídeo emitido no programa Redes:



_______
Ilustración: billete de 10 libras esterlinas coa efixie de Darwin, obtido no Boletín Digital Numismático número 75.

Sem comentários: