ESTOU BEN DA CABEZA
Xamais admitirei que
existen pementos musicais.
Estou por xurar que
as verzas son mudas
e sempre negarei que
as leitugas falan chinés.
Sinto no meu interior que
os tomates son incapaces de cantar coplas.
Nunca direi que
os chícharos bailan a muiñeira.
Estou convencida de que
non choran de emoción as cenorias.
e xamais poderei dicir que
as verduras son marchosas.
(Agora vólveo a ler, pero de abaixo a arriba, incluíndo o título)
Raquel Marco Mejuto
3 comentários:
Moi ben!!! Noraboa polo inxenio, gústame moitísimo, pero vexo algo que non cadra moi ben na segunda volta, ó ler do revés desde o verso cinco ata o catro (siento en mi interior que las lechugas no hablan chino).
Levo un bo anaco intentando atoparlle unha solución para que cadre pero véxome incapaz. Se cambio a liña anterior estrago a seguinte e viceversa... É complicadísimo!!! Por favor, necesito unha solución canto antes ou non vou poder durmir nos próximos meses ata que o consiga.
Benvidos á blogosfera. Seguirémosvos con interese. Parabéns polo traballo
Buscapés: tes moita razón. Houbo un erro na transcrición. A autora do texto xa nolo fixo notar, e ademais agora traduciuno ao galego. Graciñas polo teu interese, e que o disfrutes.
Enviar um comentário