27/09/07

Un tapiz de Bayeux animado

O chamado Tapiz de Bayeux é un lenzo bordado que contén esceas de feitos que precederon a conquista de Inglaterra polos normandos. Foi elaborado no século XI para conmemorar a Batalla de Hastings, que tivo lugar o 14 de outubro de 1066.
As esceas foron bordadas coidando moito os detalles. E sucédense unhas ás outras formando unha auténtica narración gráfica, de tal xeito que actualmente moitos consideran este tapiz como un precursor da actual banda deseñada.
O caso é que hoxe existe unha versión animada deste tapiz, que aparece colgada en YouTube, da autoría de David Newton. Documento histórico? Narración gráfica? Banda deseñada? Debuxo de animación? O resultado é francamente interesante:



Se queres admirar as diferentes esceas que contén o tapiz, podes navegar polo Museo do Tapiz de Bayeux.
Se queres máis información sobre o Tapiz de Bayeux e a Batalla de Hastings, pica sobre estes dous enlaces para ir ás referencias na Wikipedia.

(vía La cárcel de papel)

Sem comentários: