21/04/09

Biblioteca Dixital Mundial

Quen diría hai poucos anos que se podería acceder a través de internet (e gratis!) aos fondos das grandes bibliotecas do mundo? Pois desde hoxe podes facelo, por medio da Biblioteca Dixital Mundial (WDL) impulsada pola UNESCO. Actualmente contén uns mil documentos dos principais arquivos do mundo, en múltiples idiomas, e con carácter multimedia: atoparemos textos, pero tamén sons, imaxes e películas. E no futuro serán moitos máis.
Queres visualizar textos con caligrafía chinesa? Queres consultar mapas antigos? Queres ver a foto dunha familia real (?) africana de principios do século XX? Queres asistir á proxección dun corto coa chegada de emigrantes á illa Ellis (Nova Iorque) en 1906? Pois convírtete en navegante da Biblioteca WDL. Accederás á multiculturalidade nun clic.

Pola nosa parte, poñemos desde hoxe este magnífico enlace á túa disposición na nosa barra de ferramentas.

(vía Vieiros)

Sem comentários: