18/04/07

Estamos en fase de probas

Comezamos.
O blog da biblioteca do IES de Oroso está en fase de probas.
"En fase de probas" quere dicir que iremos probando diferentes ferramentas para tratar de conseguir un blog útil, áxil e atractivo. Un blog que nos permita facilitar e intercambiar gustos e informacións. Un blog que nos permita intercomunicarnos.
Agardamos ter futuro, porque temos a cabeza chea de soños. Soños coma paxaros. Paxaros na cabeza.