23/04/07

As aventuras do Príncipe Valente nos tempos do Rei Artur

A sección de banda deseñada da nosa biblioteca conta coas aventuras completas do Príncipe Valente, un dos grandes clásicos do cómic americano.
As historias están ambientadas na época do Rei Artur e dos cabaleiros da Táboa Redonda. O seu autor, Harold Foster, preocupouse de ofrecer moita calidade tanto nas ilustracións coma no guión: debuxos profundamente detallados e abondantes datos históricos que intentan dar verosimilitude a unha obra de ficción.
A serie comezou a publicarse no ano 1937, nas páxinas de varios xornais de Estados Unidos. Despois de morrer o seu autor, foi continuada por outros. Aínda hoxe se segue a publicar: podes visualizar semanalmente os capítulos actuais na web da King Features Syndicate (en inglés, por descontado, pero sérveche para practicar).
Como anécdota, é un dos únicos heroes da banda deseñada que casa e ten fillos.
Como curiosidade: cóntase que a historia na que o Príncipe Valente derrotou a Atila, rei dos Hunos (publicada entre 1939 e 1940), enfureceu a Hitler, que era un fan declarado do bárbaro. Por esta causa, Hitler ordenou retirar as historias de Val de cada novo territorio conquistado por el en Europa (mencionado en MundoHQ).
Se queredes saber máis sobre esta serie podedes consultar:

No ano 1997 fíxose unha adaptación ao cine, se ben o guión non tiña case nada que ver co do cómic. Podes ver aquí un trailer:

Sem comentários: