24/05/07

Paseo por Padrón con literatura ao fondo

En días pasados os alumnos e alumnas de primeiro fixemos un percorrido por Padrón. Visitamos a casa-museo de Rosalía e tamén o Xardín Botánico.

Ao longo de todo este percorrido acompañáronnos Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo grazas ás historias que nos narrou Carlos Rodríguez Dacal, conservador do Xardín Botánico-Artístico.

Podemos lembrar aquí unha delas: o caso do Irmanciño de Ramón Otero Pedrayo.
O Irmanciño era un pinsapo (abeto) que o pai do escritor ourensán plantou no pazo de Trasalba cando naceu o seu fillo. Así que don Ramón creceu á vez que a árbore e sempre a tivo en moita estima. Ata que o raio dunha tormenta levoullo por diante en 1972 e o escritor tomouno como un mal agoiro. Con todo, os seus amigos recolleron a madeira, fixeron taboleiros e preparárono para ser un cadaleito. Cadaleito que, ao final, gardou os restos do seu irmán humano.

Esta fenomenal historia talvez resume o amor que se pode sentir por unha árbore.

Sem comentários: