05/06/07

DIA MUNDIAL DO MEDIO NATURAL

Para celebrar este día, nada mellor que lembrarmos a Noah Sealth, xefe indio da tribo dos Suquamish. Sabio conductor do seu pobo, tivo que facer frente á proposta do presidente dos Estados Unidos, Franklin Pierce, de comprarlles as súas terras aos indios.
Era o ano 1.854, e Noah Sealth sabía que aceptar a proposta do "Grande Xefe de Whashington" supoñía un inicio de paz entre os indios e os "peles brancas". Pero tamén sabía que implicaba pasar a vivir para sempre nunha reserva. Difícil decisión.

A resposta de Noah Sealth tivo algo de especial. Pronunciada no seu propio idioma, foi transcrita ao inglés por un traductor e publicada anos despois no xornal Seattle Sunday Star. Non se sabe se este texto foi unha carta que recollía as súas palabras e que se enviou ao "Grande Xefe Branco" como resposta á súa proposta de compra, ou se foron as palabras pronunciadas polo propio Sealth perante a Asemblea do Consello de Tribos en decembro de 1.854. Fora cal fora a realidade, o resultado final da negociación foi a sinatura do Tratado de Point Elliot, tratado que supuxo para os indios a perda definitiva das súas terras.

Co paso do tempo, o discurso de Noah Sealth pasou a ser considerado como o primeiro manifesto en defensa da natureza, manifesto que a día de hoxe segue a ter vixencia.

O sabias palabras do xefe Suquamish comezaban así:

"Como se pode comprar ou vender o firmamento, ou a lentura da terra? Este xeito de pensar énos descoñecido.
Se non somos donos da frescura do aire nin do fulgor das augas, como poderán vostedes compralos?"

Podes ler, en castelán, o texto completo da súa mensaxe.
Podes coñecer unha versión posiblemente máis fiable das súas palabras, e seguramente máis fermosa, acudindo ao xornal Seattle Sunday Star do 29 de Outubro de 1.887 (en inglés, claro, pero sérveche para practicar).

Podes escoitar un podcast sobre Noah Sealth que formou parte do programa La Rosa de los Vientos emitido por Onda Cero Radio o 16/02/2007.

Para saber máis, podes consultar Noah Sealth na Wikipedia.

Sem comentários: