04/06/07

Longa vida a BD Banda!

Incorporamos aos fondos da nosa biblioteca o número 1 de BD Banda.
Esta publicación deixa de ser un fanzine para convertirse nunha revista profesional que incluirá nas súas páxinas tanto creadores galegos como do resto do Estado.
Autores de prestixio como Albert Monteys (coa súa serie Caveira Lunar) ou Javier Olivares (coas historias tituladas As novas aventuras de Astro) publican ao pé dos debuxantes que, desde Galicia, conseguiron facer de BD Banda unha publicación de referencia na banda deseñada: David Rubín, Miguel Porto, Víctor Rivas, Kiko Dasilva, ...
É un fito histórico: editar banda deseñada desde Galicia para todo o Estado.
Longa vida a BD Banda!

Para saber máis sobre BD Banda podedes consultar:
O portal de BD Banda
Referencia a Bd Banda en Galicia Hoxe.
Referencia a BD Banda en El Pais

Para saber sobre Banda Deseñada en Galicia:
Portal BD en Culturagalega.org

Sem comentários: