23/07/07

Biblioblogs coma fungos

As bibliotecas das escolas e institutos do noso País están cambiando.
Actualmente constitúen un terreo fértil para o nacemento de blogs que facilitan a publicación e o intercambio de información.
O número de biblioblogs medra cada curso que pasa. E isto fai un pouco máis difícil a tarefa de consultar os datos que poideran ter sido publicados en algún deles. Esta é a razón pola que incorporamos a Paxaros Na Cabeza un metabuscador que che permite realizar buscas no conxunto de biblioblogs que se publican actualmente. Pódelo atopar na columna da dereita, xunto con outras utilidades.
Graciñas a Antonio, de A nosa Biblioteca 3.7.

1 comentário:

Antonio disse...

Gracias a vosotros por la referencia, me alegra que lo encontréis útil.
Un saludo !!