09/11/07

Pregunta elemental sobre Don Quijote


Todos sabemos que o grande clásico de Cervantes comeza coas coñecidas palabras "En un lugar de La Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme..."
Agora ben, con que palabra acaba?
Se che pica só un pouco a curiosidade, podes consultar as edicións de Don Quijote de la Mancha que temos na biblioteca, incluída unha en galego, vale?
Mais se tes moita presa por sabelo, aproveita que estás neste momento conectad@ a internet, e busca calquera edición virtual da obra de Miguel de Cervantes.
Se che urxe, podemos facilitarche o traballo: podes acceder directamente ao último capítulo de Don Quijote picando aquí, vale?
Pois vale!

Sem comentários: