21/11/07

Grafiteiras en acción


Create Your Own
Quen non gozou algunha vez de pintar libremente nas paredes?
Quen diga nunca, ten algún fallo na memoria: cando somos pequenos, unha das actividades máis gratificantes (ou grafiticantes?) consiste en pintar incluso coas mans sobre calquera superficie. E as paredes non se libran desa ansia. Para desgusto das nais e dos pais, que de súpeto comezan a ver os tabiques do seu fogar cheos do que eles din ser borranchos e manchas. Desta maneira os neniños e as neniñas descobren que esa actividade, para eles lúdica, tén tamén un marcado carácter transgresor.

Esas son as dúas cualidades que o Graffitti conserva: é unha forma de expresión lúdica, con carácter transgresor.

Observade, pois, como transgreden o muro (un muro feo e gris) do instituto as nosas alumnas grafiteiras máis destacadas. A que o deixaron feito unha monada?

Para saber máis sobre esta arte, podes buscar a palabra graffiti na Wikipedia.
Para visualizar unha boa mostra de graffitis de todos os xéneros e calidades, pica aquí.
Para poñerte ao día sobre sobre o papel da muller no graffiti, pica aquí.

Sem comentários: