15/12/07

Pequena autoanálise, Feliz Nadal!

Poderiamos considerar que o noso caderno de bitácora está de celebración: esta semana cumprimos as 1000 (mil!) páxinas vistas. Este dato sorpréndenos, aínda que gratamente, por tres razóns:

1) Somos a bitácora dunha biblioteca escolar.
2) Aínda que tratamos que a nosa barra lateral sexa unha barra de ferramentas útiles, só levamos publicadas 17 (só 17!) "posts" na barra principal.
3)Aínda que nacemos en fase de probas no mes de abril deste ano, o contador incorporouse o 30 de xuño. Así que son 1000 páxinas vistas en cinco meses e medio.


Porén, temos constancia de que as visitas son, na súa grande maioría, externas ao IES de Oroso. Así que, aínda que esteamos de parabéns, tomamos a decisión de congratularnos só cando constatemos o latexo principal deste blog no corazón d@s lectores/as para os que foi creado.
Graciñas a todos/as os/as visitantes, e sobre todo aos/ás (aínda que poucos/as) comentaristas.

Para todas e todos, un agasallo de Ano Novo na voz de Carl Sagan:



Bo Nadal.

Sem comentários: