07/01/08

A matemática do paxaro

Acaso poido alguén non estar informado de que neste pasado Nadal saíu publicado o libro Un mundo sin fin de Ken Follet?

Alguén, por acaso, non se enterou de que se trata da segunda parte do best-seller Los pilares de la Tierra, dese mesmo autor?
Poido alguén ignorar que a trama argumental dos dous libros anteriores está relacionada co mundo medieval e coa construción das catedrais góticas?

Quen pode a estas alturas ousar non saber que o motivo principal da portada de Un mundo sen fin é un paxaro, un extraño paxaro que parece sacado dun códice miniado medieval ou dun capitel gótico?

Mais dise que na construcción das catedrais góticas nada é casual: cada unha das súas partes está dotada de significado, significado que está relacionado con todas as outras partes e co total da catedral.
Cada catedral é un inmenso significante que se vai revelando a si mesmo conforme un a vai descubrindo e lendo: a catedral é un símbolo.
Consonte co que acabamos de dicir:
Con que símbolo matemático está relacionado o paxaro da portada de Un mundo sen fin?
(Admítense comentarios)

Sem comentários: