08/03/08

Ciberfeminismo

Cal é o papel da muller en canto que participante activa no mundo da blogsfera? Este é o interesante tema que Carmen Castro García desenvolve no seu artigo Blogs y Feminismo, publicado no libro La gran guía de los blogs 2008.

Polo seu interese, ofrecémosvos aquí un estracto:

Na rede de bitácoras hai espazo para que proliferen blogs de todo tipo e, aínda que sempre houbo mulleres escribindo, non sempre se posicionan desde unha visión feminista. “Feminismo non é mullerismo”, polo que unha crecente participación de mulleres na blogsfera non significa necesariamente que se estea a proxectar un cambio social. De feito, quen observe criticamente a blogsfera pode decatarse de que son as mulleres que bloguean (sobre todo as feministas) as que son menos visibles e adoitan estar ausentes na relación de panelistas dos grandes eventos blogueriles, dos tops, dos rankings e posicións de autoridade. Un reflexo da mesma sociedade. Pero na blogsfera todo flúe a grande velocidade e isto facilita que mulleres feministas vaian sumando capacidade de influencia na rede.

A aparición de bitácoras publicadas por mulleres feministas foi aumentando na rede nos últimos anos. Algunhas mulleres van liderando espazos e construíndo ferramentas de visibilización colectiva que son instrumentos de transformación social, xa que establecen unha estrutura de información non xerárquica e adiantan o camiño cara a organizacións de tipo rede e menos centralizadas.

Isto está a permitir que florezan diversas blogsferas ciberfeministas como
Lo personal es politico, Mujeres en Red ou o blog colectivo Todas, que son algunhas das experiencias máis interesantes actualmente.

A primeira bitácora feminista e con perspectiva de xénero da blogsfera española creouse en xaneiro de 2003 (
Sin género de dudas) e a boa acollida desta provocou a súa aparición no primeiro mapa da blogsfera hispana (http://www.microsiervos.com/images/blogsfera.gif) ese mesmo ano.

Se che interesa ler o artigo completo ou realizar calquera outra consulta na Gran Guía dos Blogs 2008, pica no enlace que deixamos insertado na nosa barra de ferramentas.

Sem comentários: