22/05/08

Benvida a "Déixate de contos..."


Queremos dar a nosa máis cálida benvida ao segundo blog nacido no IES de Oroso. Un blog irmán, que nace do labor do Equipo de Normalización Lingüística (o traballo técnico vai pola conta do Servizo de Normalización do Concello de Oroso).

Se tedes curiosidade por coñecer lendas relacionadas coas terras do concello de Oroso, visitádeo. Neste momento contén unha recolleita de nove, todas interesantes, realizada por alumnado do noso instituto. Colleita propia, polo tanto.

Alguén dá máis?

Sem comentários: