18/06/08

O tesouro oculto en 4ºC

O rostro sorrinte que vedes na foto é o dunha compañeira nosa, que está sendo entrevistada por Tomás (recoñecedes a Tomás, non?). O motivo da entrevista é que esta moza acaba de publicar a súa primeira novela: El tesoro oculto. Esta non é unha noticia nova, pois todos poidéchedes presenciar esta simpática presentación que tivo lugar hoxe no Salón de Actos do noso instituto.

Tania Carro Carbia fala así do seu libro: "Siempre me han fascinado las historias de tesoros porque contienen todos los factores que yo busco en una novela: misterio, secretos, intriga... y ahora, he creado un libro tal y como a mi me gustan". Impresiona saber ademais que, cos seus quince anos, non concibiu esta novela como unha obra independente, senón formando parte dunha triloxía na que segue traballando. "Estoy narrando la vida de una persona que se ve obligada a crecer y a entender cosas muy dolorosas, que en su momento, muchas veces, no logramos entender".

Nun momento da entrevista, Tomás pregúntalle á súa compañeira de 4º de que maneira se puxo en contacto coa editorial que lle publica o libro. E Tania non dubida a resposta: "Por Internet..." (outra vez a Web 2.0 subministrando recursos impensables ata hai ben pouco...!)

"¡Ojalá disfrutes leyendo este libro, como lo he hecho yo al escribirlo!", remata Tania. A alumna e compañeira que temos ao lado todos os días. Un dos nosos tesouros ocultos, de 4ºC.

Sem comentários: