23/06/08

Chapetas

A actividade da que falamos hoxe xa non é actual: desenvolveuse aló polos meses de marzo e abril. E convertiu aos alumnos e alumnas de primeiro de ESO en pequenos cineastas.

A idea inicial foi realizar un pequeno filme que tivera como base unha situación ficticia de acoso escolar. A finalidade: facer patente o abuso creado por este tipo de actuacións, o aillamento da persoa acosada, a necesidade de evitar este sofremento. O medio empregado: gravacións de vídeo con teléfonos móbiles. O resultado, unha pequena película, que logo foi subida a youtube:



Que tal?
A veces sorprende o que se pode facer coa pequena tecnoloxía que temos todos os días nas nosas mans. Só queda agardar que as finalidades para as que se utilizan tamén sexan conseguidas.

Sem comentários: