26/03/09

“¿Que es poesía?, dices...”


¿Que es poesía?, dices...
Así comeza o famoso poema de Bécquer.
E como comezariamos a explicar, a buscar unha resposta? Buscariamos nas pontes que cada ser humano trata de tender cara aos demais? Buscariamos na superación da separación que sufrimos inevitablemente como seres individuais? Explicariámola como a máxima expresión do que somos ou podemos ser (ou quixeramos)? Sería o mínimo común múltiplo (m.c.m.) do que nos fai humanos? Sería a comunicación total? O mundo sentido e traducido a palabras? E iso como se expresa? Como aprendemos a expresalo?
Un dos mellores xeitos é ler libremente (libre mente) poesía de distribución gratuíta. Como a que se realizou durante a semana previa á celebración do 14 de febreiro, organizada por membros do Grupo de Traballo sobre Lectura que funciona este curso no noso instituto. Cen copias diarias dun poema de amor que quedaban colocadas nunha mesa decorada, á espera de que alguén, ao pasar, se apropiase dunha copia. E que quedaron, na práctica, diariamente esgotadas.
Inspiracións... para logo escribir as cartas de amor e amizade polo San Valentín.
Como remataba o poema de Bécquer? Ah, si: “Poesía... eres tú”.

Sem comentários: