01/03/08

BookCrossing Virtual

Que é o "BookCrossing"?
Poderiamos definilo como a práctica de "liberar libros". Calquera de nós pode facelo. Abonda con:
1. Coller un libro que xa teñamos lido e que permaneza gardado sen ser útil a ninguén máis.
2. Deixar ese libro nun lugar público, onde o poida atopar outra persoa a quen lle interese a súa lectura.
3. Agardar que esa outra persoa, despois de lelo, faga co libro o mesmo que fixemos nós.

Como ves, é fácil de realizar. E tamén é gratis.

Con todo, se lle tés moito amor aos libros que posúes e aínda os volves a reler de vez en cando, é posible que non te queiras desfacer deles. Tamén é posible que polos lugares que ti frecuentas non se atopen facilmente "libros liberados". Neste caso, podes tamén beneficiarte do BookCrossing Virtual: na Rede hai moitos libros que podes atopar, "baixar" e ler gratuitamente. Esa é a razón pola cal incorporamos, entre as ferramentas da nosa barra lateral , unha sección que contén enlaces a webs que permiten baixar libros gratuitos.
Para que comeces a practicar, podes ler (en castelán) varios estupendos relatos de ciencia-ficción de Ray Bradbury: El cohete, Calidoscopio, El dragón, La sirena, e El ruído de un trueno.

Se che interesa máis información sobre o BookCrossing, podes consultar a web BookCrossing-Spain.

Sem comentários: