25/05/09

Lectura e percepción


Un dos descubrimentos da física no pasado século XX foi que a materia é discontínua. E, coa teoría da relatividade, descubriuse que a materia e a enerxía son equivalentes, polo que tamén a enerxía é discontínua.
Sorprendentemente, no terreo da percepción humana, tamén se descubriu a discontinuidade: percibimos a realidade en fragmentos. Con estes fragmentos, o cerebro realiza un traballo de reconstrución e interpretación, de tal maneira que a nosa impresión final sobre o mundo é sentilo como unha globalidade, un todo. Un dos exemplos máis claros desta realidade son os estudios sobre cómic do norteamericano Scott McCloud, quen demostra que unha historia narrada en BD é construída polo cerebro interpretando o que ocorre no espazo en branco que existe entre as viñetas.
Como percibe o cerebro as letras, as sílabas, as palabras... mentres lemos? Esta pregunta ten suscitado intensos debates relacionados co xeito de ensinar a ler: son máis eficaces os métodos silábicos ou os globais? O certo é que as persoas, cando len, non len de forma silábica senón que perciben a globalidade de cada palabra e incluso de varias palabras. Esta é a razón pola cal nalgún texto, como o spot publicitario que presentamos, xógase ao cambio de letras, sen que iso supoña que o lector deixe de entendelo: a primeira impresión é de choque ao notar alterada a forma coñecida da palabra, pero o cerebro en seguida realiza o seu traballo de reconstrución e permite captar o sentido do texto.
_______
Fonte da imaxe: versión impresa do suplemento xornalístico XLSemanal

Sem comentários: