04/05/09

Lingua e poesía (1)

“A lingua é o primeiro instrumento do xenio dun pobo”
Henri Bayle, Stendhal
Para falar de linguas está ben reflexionar,
pero antes de nada sentir.
As palabras transmiten ideas, pero embebidas de emocións.
Emocións que se transmiten igualmente con palabras, pero que ante todo cristalizan nas palabras.

Para falar de linguas, antes hai que ler e sentir fondamente versos como os de Mahmud Darwish, poeta palestino:

Quen son eu? Cuestión que outros formulan
pero non ten resposta.
Son a miña lingua.
Son unha, dúas, dez odas. Son a miña linguaxe.
Eu son a miña linguaxe e canto me mandan as palabras:
Sé ti o noso corpo!
E apliqueime en corporizar o seu timbre.
Son canto lle dixen ás palabras:
sede o lugar onde o meu corpo se une
á eternidade do deserto.

Sede, así eu poderei
converterme nas miñas palabras.
Unha rima polas Mu’llaqas (fragmento)

Sem comentários: