03/05/09

Parabéns no teu ano, Edgar Allan Poe!


Fálase nos medios da mutación dun virus (gripe AH1N1), de mortos, de posible peche de fronteiras. De posible pandemia...
Vense imaxes de cidadáns con máscaras. E este feito lémbranos que hai douscentos anos naceu Edgar Allan Poe, o mestre do terror gótico, capaz de sentir e expresar en palabras as zonas escuras do espírito humano. Algo que parece desprenderse tamén dos versos da canción Un sueño eterno, de Luís Eduardo Aute:
en ese momento...
cuando la belleza de la muerte
mana de tu anatomía...
Fálannos de gripe, de pandemia, de morte. Albert Camus escribiu La peste. Pero Edgar Allan Poe escribiu A máscara da morte vermella. E temos sorte: a Cadena Ser realizou recentemente unha adaptación radiofónica deste relato que foi emitida o 26/04/2009 no programa Milenio 3.
Aquí o insertamos, para que poidas disfrutalo nos tempos que corren:
Descargar mp3

Sem comentários: