15/10/07

Hermano Lobo, Triunfo e Tiempo de Historia: tres revistas que nunca poderiamos ter na nosa biblioteca e que, con todo, temos.

Normalmente, as bibliotecas están subscritas a algunha revista e a algún xornal. Os sucesivos números da revista vanse incorporando aos seus fondos e, co paso do tempo, a biblioteca pasa a ter unha pequena hemeroteca.


Mais, que ocorre coas revistas que se deixaron de publicar anos atrás? Só forman parte das bibliotecas que no seu día estiveron subscritos a elas. E é de todo imposible que as bibliotecas actuais poidan contar con elas entre os seus fondos. Ou si?


Pois si: hoxe a situación cambiou grazas a ese grande invento que é Internet. Só é necesario que algunha entidade realizara o traballo de colocar na rede todos os números publicados da revista desaparecida.

Un exemplo do que dicimos témolo na revista Triunfo, revista que naceu o 9 de xuño de 1962 e publicou o seu último número o 1 de xullo de 1980.


Outro exemplo témolo na revista Tiempo de Historia, que naceu o 1 de decembro de 1974 e tivo a súa derradeira saída o 1 de xullo de 1982.

Un terceiro exemplo é a revista de humor Hermano Lobo, nacida o 13 de maio de 1972 e que finou co número publicado o 5 de xuño de 1976.


Todas as páxinas de todos os números destas tres revistas poden ser consultados (e impresos) tal e como foron publicados no seu día grazas ao labor de Ediciones Pléyades.


Forman parte, polo tanto, dunha hemeroteca virtual que pode ser consultada desde a nosa biblioteca ou desde calquera punto de conexión a Internet. E de forma gratuíta.


Probádeo, seguro que atopades cousas interesantes.

Ou, cando menos, podedes rir un pouco.

2 comentários:

olga disse...

Pois...¡que luxo!
Felicitovos por eses fondos tan extarordinarios e dos que tanto se pode aprender.
olga.milladoiro.malpica

PapelMollado disse...

Graciñas, Olga. Trataremos de manter o nivel. Palabra!