14/04/09

Viaxe ao mundo atómico


Que ocorrería se poidéramos diminuír o noso tamaño ata poder contemplar só cos nosos ollos os seres e as cousas diminutas?
A resposta a esta pregunta excita sempre a curiosidade humana: queremos ver o que normalmente non podemos ver. E como non podemos facernos pequeniños á vontade, inventamos aparellos que nos axudan: lupas, microscopios...
Con todo, a idea de facernos diminutos causa fascinación. Esta fascinación foi aproveitada para rodar películas como The incredible shrinking man (O incrible home minguante) do ano 1957, ou Fantastic Voyage (Viaxe alucinante) do ano 1966. Nos dous casos, a narración fílmica precisou da realización de efectos especiais para darlle verosimilitude a sucesos non reais. Hoxe en día os efectos especiais son substituídos por simulacións informáticas. E é de simulacións informáticas do que queremos falar...
Queres facer unha viaxe ao microcosmos, chegando incluso ao nivel atómico? Pois prepárate, porque o Ministerio de Educación e Investigación de Alemaña puxo a disposición de todo o mundo unha web na que ofrece tres viaxes virtuais que parten desde o que vemos a simple vista e chegan até o nivel atómico. Podes escoller: os efectos da picadura dun mosquito no sistema circulatorio humano, os faros dun automóbil ou o interior dun computador portátil. E desde aquí, ofrecémosche o enlace en castelán: Nanoreisen.de. Pica nel e apreta o cinto: non diminuirás de tamaño, pero a viaxe será igualmente fascinante.
(Vía Vieiros)

2 comentários:

Orbil disse...

Orbil a bibliomascota da biblioteca “Orbilmania” concédevos o premio:
"Olla que blog Maneiro", que quere dicir: "Olla que blog tan chuli!.
Por favor, pasade polo noso blog a recollelo.!Esperamos que vos guste moito!

PapelMollado disse...

Profundamente agradecidos a Órbil! (Que guapiño é!).